
Amencer en Cospeito

Amencer en Cospeito. Foto: Marcos Caruncho
A Lagoa de Cospeito, no seu amencer de frío e néboas, é un espello difuso onde se mira o sol, nascente e oblicuo, xa case que de inverno.
Marcos Caruncho.-N.D. A Lagoa de Cospeito é un vencello sutil entre as terras e os ceos dunha Galicia que loita por manter súa identidade natural nun planeta que sofre dunha terrible crise humana e medioambiental.
A néboa de Cospeito nos cala dunha friaxe, lonxana e íntima á vez, tanto ó corpo coma a ialma, impregnándonos dunha xeada morriña que presinte a emoción da Natureza que vai espertando da noite.
Nesta calma tensa, preñada da inquietude cotiá, apodérase de nos o desexo de apertar noso afán a esta terra aínda vigorosa.
|
"A néboa de Cospeito nos cala dunha friaxe, lonxana e íntima á vez"
Bando de alavancos. Foto: Marcos Caruncho |
![]() |
Unha das expresións máis evidentes da riqueza de Cospeito é a súa poboación de aves que aproveitan todo o potencial alimentario i espacial que proporcionan os diversos ambentes e seus correspondentes ecotonos.
Para un visitante criado ou que resida nas nosas costas, sorprende o relativamente ben conservado en certas zonas de Lugo das nosas árbores autóctonas. A presenza de setos de certo porte aumenta esa impresión tanto coma potencia a abundancia de fauna.
![]() |
"A descoñecida, tímida e modesta agacha nos amosa a fermosura, delicadeza i especialización propias da súa familia elevadas á máxima expresión" Becacina cabra (agacha). Foto: Marcos Caruncho |
Xa en terreos pertos da lagoa, roubados ó decurso estacional das chuvias, aínda que brandos i encharcados pese o seu uso agrícola, as agachas levantan en grande número.
Os arceotes de Cospeito (como lles chaman na zona ás agachas polo seu parecido cá arcea), dadas as condicións de temperaturas e humidade, manteñen unha poboación estable durante todo ano, que cría en boa cantidade. Coma é lóxico, na invernada o continxente autóctono vese reforzado pola chegada de grupos migratorios.
A descoñecida, tímida e modesta agacha nos amosa a fermosura, delicadeza i especialización propias da súa familia elevadas á máxima expresión.
Ademais das agachas hai outras Limícolas coma as avefrías, falaropos e liorteiros, sempre interesantes e vivaces, xunta ca discreta presenza da cobizada arcea, a raíña da fraga. A riqueza en Limícolas é lóxica dada a súa ligazón á auga e á humidade.
|
"Ademais das agachas hai outras Limícolas coma as avefrías, falaropos e liorteiros"
Liorteiro. Foto: Marcos Caruncho |
|
En xeral, todas as aves acuáticas atopan un remanso nas produtivas augas da lagoa. As máis típicas delas son as anátidas de superficie, todas elas parentes pertas dos alavancos e que están ben representadas por non menos de 8 especies dentre as que podemos suliñar ó ganso común e á cerceta carretona polo que representan de rareza no resto da nación.
Tamén as anátidas mergulladoras, os parrulos, forman parte dos membros representados da familia Anatidae.
Outras aves acuáticas que viven en Cospeito son ben coñecidas de todos: o demo negro, a galiñola e o mergullo pequeno.
Case que para rematar cás aves, moitísimas especies de paxaros están presentes nos diversos hábitats de Cospeito. Os paros, os emberízidos, as fulepas e moitos outros aproveitan as enormes posibilidades desta zona, sexan granívoros ou insectívoros.
![]() |
"o miñato queimado e a tartaraña arpella son, con diferenza as máis características e típicas" Miñato queimado. Foto: Marcos Caruncho |
Como proba da bondade destes hábitats baste dicir que podemos observar ate 10 especies de rapaces diúrnas coma o falcón pelegrín, o lagarteiro, o esmerillón, o azor, o gabián, o buxato, a tartaraña arpella, a tartaraña cincenta e o miñato queimado. Dentre deles o miñato queimado e a tartaraña arpella son, con diferenza as máis características e típicas.
Non podemos deixar de citar unha especie de ave de presa nos paxaros: o pouco frecuente e fermoso picanzo real.
¿Cal é o segredo de Cospeito para xuntar semellante cantidade de recursos que se traduzan nesa enorme variedade de aproveitadores?.
A extraordinaria dinámica da auga nas súas diversas formas i estadíos marca e compón toda a vida da lagoa e da súa área de influenza.