O legado de Man
Nestes días os medios de comunicación galegos sacaban á luz o abandono do museo do alemán de Camelle. A causa era o ataque vandálico que sufrira a vivenda de Man. Pero tamén unha pregunta saíu á luz. ¿Qué acontece cos cartos que Man destinara a mante-lo seu legado?
Parece ser que, a pesares de que Man deixara máis de 120.000 Euros, a Consellería de Cultura
Nunha visita a Camelle, a finais do mes pasado, puiden comprobar coma as pinturas que decoran o seu porto, van desaparecendo, coma a sucidade vai enchendo cada recuncho deste museo ó aire libre, e como, tras do tempo pasado, as manchas do Prestige emborrallan aínda as pedras de Man.
Man non morreu de pena coma contan algúns, morreu polos efectos da marea negra, exactamente por unha infección respiratoria. O seu museo non é só o museo dun artista, no que Man emulou perfectamente as formacións rochosas dos montes próximos, é o símbolo dunha loita que mantivemos moitos galegos, e como tal, debe manterse en pé, como símbolo da nosa propia identidade.



3 Comments:
Eu, nin coñecín personalmente a Man, nin estiven nunca no seu museo, pero coido que Man é unha alegoría da historia de Galica. Na súa orixe, na súa forma de vida, aproveitando o que a terra o mar lle deron, e... ¿tamén na súa morte?
agardemos que non, un saúdo.
Non nos podemos resaignar a perder este legado tan auténtico...é unha vergoña que un dos mellores artistas de Galiza se esvaeza coma o fume que tnto respiramos este veran...Non...Hai que loitar...cos medios posibles contra o olvido do xenuino...
Postar um comentário
<< Home