Domingo, Maio 14, 2006

Bonete

Sigo estes días fotografando as cores que me achega a natureza. Hoxe tócalle a esta planta. O bonete (aquilegia vulgaris) é común, aínda que non moi abondosa, preto dos ríos galegos. A primeira vez que a localicei foi nas Fragas do Eume, hoxe tocoulle o Tambre, no Castro Lampreeiro. Semella que nesta zona tamén se pode ver doadamente.

1 Comments:

xisbe said...

A carón de moitos rios, ha pouco fotografeina no Mandeo, pero tamén a vin no Parga, no Ladra ou á beira de pequenos regatos. Seguirei percurso augas abaixo. Un saudo.

5/15/2006 1:05 AM  

Postar um comentário

<< Home