Orquídeas
Xisbe, un compañeiro blogueiro, escrébeme a Natureza Dixital para preguntar sobre unha orquídea de Corrubedo, a Epipactis palustris, e tamén, a traveso do seu blogue, se encarga de darlle publicidade a está páxina (que por certo teño bastante abandoada, aínda que por pouco tempo).
Dende aquí quero darlle as grazas, e dicirlle que o seu blogue pode ser moi interesante para dar a coñecer as orquídeas galegas, esas grandes descoñecidas para moita xente.
Tamén quero poñer o meu gran de area ó coñecemento das orquídeas galegas, cunha foto da Serapias lingua, que se pode ollar agora mesmo nalgúns currunchos do Parque Natural de Corrubedo.



1 Comments:
Gracias Xermán, a base de grans faise unha praia ou unha montaña. A idea é conseguir que moitos se interesen en coñecer para preservar e millorar o que temos e pode desaparecer.
Postar um comentário
<< Home