Os veciños de Nigrán nos convocan á manifestación máis...

Salvemos Monteferro e diversas asociacións veciñais de Nigrán convocan a manifestación “Máis” ...a máis pacífica, a máis numerosa, a máis contundente, a máis solidaria....
A saída desta concentración será o sábado 17 nas Angustias (Nigrán) ás 21:00 e baixará cara ó concello pola avda. Val Miñor (
Salvemos Monteferro, que se sumou desde o primeiro momento a esta iniciativa, anima a participar masivamente nela, para facer ben visible que a ameaza da especulación e o perigo de destrución do noso patrimonio, non afecta só a Nigrán, senón a toda a costa galega e a moitos lugares do interior. Por iso dende Salvemos Monteferro e as AAVV de Nigrán se anima á participación dos colectivos galegos afectados pola especulación urbanística no litoral.
Salvemos Monteferro, pensa que temos un obxectivo común diante dun problema común, e por iso lles encantaría ver desfilar as vosas pancartas, cos nomes das vosas vilas e lugares en perigo, polas rúas de Nigrán.
Xa o sabedes a cita é o sábado 17 ás 21h en Nigrán.



0 Comments:
Postar um comentário
<< Home