Quinta-feira, Julho 06, 2006

Craveliñas

Estes días atopei un grupo de craveliñas, Dianthus monspessulanus L. ou Dianthus hyssopifolius subsp. monspessulanus (que non me queda moi craro) á beira do Tambre, onde comeza a Devesa de Nimo, da que xa teño falado neste blogue nalgunha ocasión.

Esta planta, escasa en Galiza, xa foi citada por Merino, a principios do século XX na súa obra “Flora descritiva e ilustrada de Galicia” en varios puntos da nosa xeografía, especialmente á beira do Río Ulla. Dende entón, aparte de algún apuntamento de Laínz, e exemplares que se conservan no herbario de Lourizán, apenas existen datos sobre esta fermosa especie nas provincias de A Coruña ou Pontevedra.

2 Comments:

xisbe said...

Para Mariano García Rollán o nome sería Dianthus hyssopifolius L. ou Dianthus monspessulanus L. ou D. superbus auct.ou D. Gallicus Pers.(Atlas clasificatorio de la flora de España peninsular y balear) No mesmo libro atopei outro que ten os pétalos moi parecidos, non sei o resto, o Dianthus broteri con unha chea de sinónimos (malacitanus, valentinus...). Por experiencia propia non te podo axudar porque nunca o atopei. Un saúdo.

7/08/2006 1:16 AM  
Xermán said...

Merino citouno coma Dianthus superbus, pero Laínz xa o corrixe dándoo coma Dianthus hyssopifolius (examinado no herbario de Lourizán), xa que o superbus só se atoparía ao norte dos Pirineos e estaría cecais máis esfianchado nos pétalos. Segundo outros autores, este Dianthus sería D. hyssopifolius subp.monspessulanus, pero na guía do CSIC aparece xa coma D.monspessulanus.
De ahí a miña dúbida sobre se é subespecie do hyssopifolius ou e directamente especie monspessulanus.
O gallicus quedaría fora, xa que o tamaño das follas (moito maior no monspessulanus, que coido que é o nome da especie)e a forma dos pétalos, así coma que é exclusivo iste (o gallicus) de dunas (aínda que o monspessulanus se pode ver nalgunha duna en Euskadi)non deixa lugar a dúbidas.
De tódolos xeitos, grazas pola resposta

7/08/2006 1:41 PM  

Postar um comentário

<< Home