Domingo, Julho 23, 2006

Exoesqueleto

Cando falaba das ninfas, nese caso de barbantesa, mencionaba o paso a adulto que se producía ó abandonar a coiraza protectora chamada exoesqueleto. Hoxe, como o prometido é débeda, amoso unha foto das coirazas das libeliñas.

Tras pasar baixo a auga das charcas toda a súa etapa coma ninfas, as libeliñas soben un día ás pólas dun salgueiro, e deixan atrás o exoesqueleto para transformarse, vestindo alas e colorido, e saír voando cara as beiras dalgún regato.