Segunda-feira, Julho 10, 2006

Fondo de Marcos Caruncho

Seguimos aportando fondos de escritorio para reivindicar os valores naturais do cabo Corrubedo. Outra das especies incluídas no anexo IV da Directiva Hábitats é esta pequena orquídea, a Spiranthes aestivalis, presente en todo o cabo.

A fotografía foi tomada por Marcos Caruncho (Natureza Dixital e Rosebud 3d) nos campos de Teira (Corrubedo), zona que tampouco está libre da especulación ó quedar fora da Rede Natura 2000.

Dende aquí tamén quero darlle as grazas a todos aqueles que apoian esta iniciativa, especialmente a Manolo, que fixo que moitos blogueiros o sexamos.


Continúa a recolleita de sinaturas en apoio a Corrubedo.


Para baixa-lo fondo de escritorio preme na foto ou aquí.