Fondos de escritorio

A Plataforma Medioambiental de Corrubedo continúa a recoller sinaturas para evita-la construción da macro-piscifactoría de Punta do Corvo. Dende Natureza Dixital comezamos tamén unha campaña en favor do Cabo Corrubedo, a súa riqueza natural e as súas xentes.
A partires do día de hoxe iremos subindo á web, para que ti baixes coma fondo de escritorio (resolución 1024x768), fotografías do que, dende a desvergoña, algúns cualifican de non ser un espazo natural protexido.
A rede natura 2000 estableceuse coma unha ferramenta europea para a conservación da biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e as especies que viven neles. Porén, mediante os anexos I e II desta directiva, enuméranse, por un lado os hábitats e por outro as especies de interese comunitario.
O Cabo Corrubedo, así como varias das súas especies (de flora e fauna), quedarían de feito englobadas nesta figura de protección atendendo ó exposto en eses dous anexos. Pero tamén, seguindo as recomendacións do anexo IV (que abrangue os lugares de reprodución e repouso dunha serie de especies) debería estar incluído na rede natura 2000.
Agora moitos dos que non nos explicamos no seu día que o Cabo Corrubedo quedase fora do Complexo Húmido que leva o seu nome, xa temos a resposta: a especulación.
Baixa o teu fondo de escritorio premendo na foto superior ou ben aquí.



0 Comments:
Postar um comentário
<< Home