Ninfa
Fai uns días en Corrubedo, cando me atopaba facendo fotos de orquídeas atopei unha ninfa de barbantesa (Mantis religiosa) sobre un trovisco (Daphne gnidium) en flor, velaí a podedes ollar na foto superior.
Algunhas especies de insectos, entre elas as libeliñas ou a propia barbantesa, pasan unha etapa da súa vida en estado de ninfas antes de chegar á súa madureza sexual. Algo que non se aprecia na barbantesa agás na falla de ás. As ninfas de libeliña viven na auga, as ninfas de barbantesa na terra, pero o cambio se produce do mesmo xeito, cando tras abandonar unha coiraza protectora chamada exoesqueleto (algo que teñen que facer entre 6 e 9 veces antes de seren adultas) aparecen as ás.
Un día destes poñerei unha foto do exoesqueleto das libeliñas.



0 Comments:
Postar um comentário
<< Home