O cabo está a salvo!
Grazas ao voso apoio, Corrubedo fica a salvo da especulación na construción dunha macro-piscifactoría de linguado. Ven de anuncialo hoxe o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, tras un encontro en Santiago co representante de Stolt Sea Farm.
Segundo o Presidente da Xunta, pese a que os terreos non se atopan dentro da Rede Natura, a zona de Corrubedo conta cun grande valor “paisaxístico”, polo que se propuxo á compañía norueguesa a localización desta granxa en Porto do Son, na zona coñecida coma Costa Galloufa. Despois deste acordo coa empresa, a Xunta desenvolverá unha figura de protección para Corrubedo, de maneira que esta zona quede excluída do plan sectorial.
Agora quedan no ar varias cousas. Por unha banda, que se materialice o proxecto desta figura de protección. Debendo explicar ós cidadáns en xeral, e ós veciños de Corrubedo en particular, con que tipo de catalogación se vai contar ou que terreos son os que se van a protexer baixo esta figura xurídica. Xa que Corrubedo non é só a súa paisaxe, senón que os seus valores naturais son suficientes por si mesmos coma para gozar dunha figura de protección. Por outra banda, débese explicar qué é o que se vai facer fronte as ameazas que seguen a rodear ó cabo Corrubedo, coma poden ser os verquidos ou a “marbellización” baixo a forma de especulación urbanística.
Dende Natureza Dixital, só nos queda dárvo-las grazas a todos e a todas polo voso apoio.
Podedes baixar o último fondo de escritorio, premendo na imaxe superior ou ben aquí.



2 Comments:
Grazas jaja partome.
Ficaaaaaaaaaaa ti si que ficas carallo, aprende a escribir.
Grazas a ti tamén, anónimo.
Postar um comentário
<< Home