Podería ser verdade...

ADEGA envía un e-mail no que da conta do seguinte:
"Este luns 10 de xullo, no decurso da primeira reunión do COGAMA (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible), o Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, en resposta á reclamación de ADEGA de desbotar o proxecto de macropiscifatoría de Stolt Sea Farm e incluir a Punta dos Corvos este territorio na Rede Natura, anunciou que NON SE VAI INSTALAR NINGUNHA PISCIFATORÍA NESTE ESPAZO. Aliás, manifestou tamén o compromiso do seu departamento de incorporar esta área á Rede Galega de Espazos Protexidos, cunha figura de protección acorde cos valores naturais desta costa".
Agardemos que sexa verdade, pero agardemos tamén a que se concrete este proxecto tan etereo e sin contido. De momento e publicamente, o Conselleiro non comenta nada concreto sobre o proxecto de "figura de protección acorde cos valores naturais desta costa", tampouco sobre a súa extensión, e menos sobe a macro-piscifactoría. Polo que a campaña de recolleita de sinaturas continúa.
Hoxe colgamos outro fondo de escritorio, xa sabes, preme na foto ou aquí.



0 Comments:
Postar um comentário
<< Home