Quinta-feira, Julho 06, 2006

Recolleita de sinaturas en defensa de Corrubedo

A Plataforma Medioambiental de Corrubedo en colaboración con Altermundo.org, comezou hoxe unha campaña de sinaturas en contra da especulación na construción da macropiscifatoría de Punta do Corvo.

A construción desta granxa de linguados, poñería en perigo un dos enclaves naturais máis importantes de Galiza que, agora sabemos porqué, quedou desligado da declaración de Rede Natura 2000 do chamado “Complexo Húmido de Corrubedo”.

Natureza Dixit@l apoia sen condicións esta campaña en contra da instalación da piscifatoría de Punta do Corvo e pide, coma o Pobo de Corrubedo, que a zona sexa declarada espazo natural protexido, dentro do LIC de Corrubedo.

Un Pobo que se uniu na loita contra o Chapapote do Prestige, un Pobo que se manifestou contra as emisións contaminantes dunha fábrica, que denuncia a especulación urbanística, se xunta agora para defender novamente os seus valores ambientais.

Podes lée-lo manifesto da Plataforma Medioambiental de Corrubedo en Natureza Dixit@l.

Podes asina-la campaña na defensa de Corrubedo en FirmasOnline.