Rotura fibrilar
O diagnóstico, rotura fibrilar... isto é o que me acontece por pensar que teño 20 anos e andar chimpando polos cantís, de pedra en pedra coma se fose un hirco ou cabuxa do monte.
Onte nos achegamos novamente a Corrubedo para facer unhas cantas fotos máis da zona de punta do Corvo. A miña idea era chegar ate unha praia de bolos que queda entre a praia do Prado e a referida punta, pero o meu camiño rematou facendo a foto que está ó comezo do post: un xuvenil de corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), pousado na punta do Corvo (algo que semella bastante descritivo).
Pois ben, que cando ía facer outra foto máis, cargado co equipo fotográfico ás costas, que debe andar polos 15qg., non se me ocorreu outra cousa que chimpar á pedra que tiña enfronte, a un metro e medio. So oín un cruxido e notei coma o xemelgo estalaba, como a corda dunha guitarra.
Segundo me contou o médico de urxencias teño para unha tempada, pero dentro do malo, poderei darlle un repasiño á páxina web, que estaba un pouquiño abandoada.
PD: por certo, continúa a recolleita de sinaturas para salvar este fermoso lugar.
Animádevos: FirmasOnline.



0 Comments:
Postar um comentário
<< Home