Domingo, Julho 02, 2006

Tucho Parada

Antonio Parada, Tucho para os amigos, é un dos mellores fotógrafos da natureza que hai en Galiza. Mariñeiro de profesión, gasta os seus cartos e o seu tempo libre nesta afición que ambos temos, así coma tamén en colaborar coa CEMMA. Hoxe fun a Corrubedo e por iso o chamei, de tódalas plantas que hai no Parque Natural só lle quedaban por fotografar unhas poucas, entre elas esta orquídea que ten diante do seu obxectivo, a Epipactis palustris, unha xoia botánica que florece nestas datas.