Quarta-feira, Outubro 11, 2006

Fotografando natureza

A fotografía da natureza, para algúns, e por suposto para min mesmo, pode ser unha forma de vida coa que sentirnos realizados. Non, non é que se poda vivir desto, ou polo menos no meu caso, pero é unha das cousas máis gratificantes da miña existencia.

Qué nos digan a uns cantos dos que nos dedicamos a isto, que non vale a pena agardar unha ou dúas horas, baixo a choiva ou a friaxe, a te-la foto que buscabamos. O que está claro é que ninguén vai pagar o que vale esa foto. Só a satisfacción do momento pode pagala, o sorriso na faciana do fotógrafo e o que pasa pola súa cabeza, só o coñece quen realizou a fotografía.

Non sei quen ficou máis ledo no momento de face-la foto superior, si eu por capta-lo momento preciso, ou o carrán cristado pola pesca. O que si teño claro, é que só por esta fotografía, valeu a pena o tempo dedicado a fotografar aos carráns esa tarde.