Sábado, Outubro 14, 2006

Que falen eles

Xa no seu día expuxen, quizá dende a rabia do momento, o que sentía ante tantas opinións ó respecto dos incendios forestais e con tan pouco contido. Pero agora é o momento de que fale a xente que máis sabe do tema, e que ao final tivo a oportunidade de facelo publicamente.

Falo, por si a alguén lle quedan dúbidas, das comparecencias de hoxe na comisión de estudo dos incendios forestais, dos dous sectores máis implicados e con maior coñecemento no tema da extinción, o persoal laboral de incendios e os axentes forestais.

Alédome de que ó fin, se puidera escoita-la a voz dos que terían que ser preguntados dende fai moito tempo.

Podes ler as declaracións do persoal laboral do SDCIF, en APROPIGA.

(Ante a falta das declaracións íntegras da Asociación de Axentes, na páxina de APRAFOGA, podedes ler extractos das mesmas aquí ).