Vídeo documental en Natureza Dixital

O pasado sábado, co gallo do día mundial das aves, foron moitas as actividades organizadas para concienciar á poboación sobre a importancia da súa conservación.
O Concello de Santiago organizou unha serie de actividades que concluiron coa presentación do último vídeo documental do meu vello amigo, naturalista, cámara e realizador, Pablo García Rivas, no local social de Fontiñas.
Natureza Dixital, quere comezar, no seu afán divulgativo, a amosar vídeos documentais feitos na Galiza por realizadores Galegos ou polos propios membros da equipa de Natureza Dixital.
Este primeiro vídeo documental, foi realizado por Pablo García no ano 2002, pero o debate sobre o sistema forestal galego fai que o contido esté intimamente ligado á actualidade.



0 Comments:
Postar um comentário
<< Home