Augas abaixo

Blogue de Xermán G. Romai en Natureza Dixital.

Planta de Gas, fóra da Ría!

Planta de Gas, fóra da Ría!

Manifestación, Galiza non se vende

Pretendía ser esta unha anotación sobre a manifestación que xuntou onte a diversos colectivos ecoloxistas e veciñais baixo a lenda “Galiza Non Se Vende”. Pero os acontecementos de Ferrol, e en concreto, do comezo das probas na planta de REGANOSA e a falla de información que hai ó respecto, fan que escreba unhas liñas sobre este caso concreto. …continúa lendo a anotación »

Carreira pola Defensa da Paisaxe

Carreira pola Defensa da Paisaxe

Corgo e Cabo Corrubedo

As Asociacións Culturais Altofalante (Ribeira) e Pau da Luz (Corrubedo), convocan, para o vindeiro 29 de abril a I Carreira Campo a Través do Corgo/ A Carreira pola Defensa da Paisaxe.

O obxectivo da carreira é dar a coñecer os valores que fan do Corgo, os Campos de Teira, así coma toda a costa do Cabo Corrubedo, unha paraxe de extraordinaria beleza e unha auténtica xoia natural, ameazada por diversos proxectos e protexida en parte, coma Lugar de Interese Comunitaria (LIC).

A cerdeira

A cerdeira

cerdeira

Nos últimos días ándoche bastante atarefado nun proxecto que levamos en común uns cantos compañeiros. Pero non por iso, aínda que o blogue semelle detido ou esquecido, o está. Continúo a dar voltas por grande parte da xeografía galega, e aproveito para fotografar (e agora tamén filmar) aquilo que, coma sempre me chama a atención do mundo natural. …continúa lendo a anotación »