A Fraga de Catasós

Onde os castiñeiros tocan o ceo

Un paseo por Catasós. Foto: Xermán G. Romai


Hai poucos espazos en Galiza que teñan a catalogación de Monumento Natural. Entre eles está o que hoxe visitamos. Trátase da Fraga de Catasós, no Concello de Lalín.


Xermán G. Romai.-N.D. A Fraga ou Souto de Catasós, está formada por un bosque mixto de Carballo ( Quercus robur ) e Castiñeiro ( Castanea sativa ). A pesares de ser un espazo reducido, de non máis de 5Ha, este souto conserva os exemplares de Castiñeiro máis altos de Europa de 30m de altura e máis de 5m de circunferencia na súa base. Todo un espectáculo natural digno de ser visto e que para os estudosos da botánica convertese en todo un banco xenético e de estudo do castiñeiro. Actualmente está en fase de preparación un proxecto que pretende clorar estas árbores e repoboar así outras zonas de Galiza, dada a súa resistencia natural.

.

"este souto conserva os exemplares de Castiñeiro máis altos de Europa de 30m de altura e máis de 5m de circunferencia na súa base"

Castiñeiros de Catasós . Foto: Xermán G. Romai


Pero é a súa visita a que nos permitirá afondar no que eran os soutos (bosques de castiñeiros) e atopar especies animais e vexetais que, por desgraza, xa non son visibles en outros lugares. Así podemos atopar aquí unha variedade de narciso endémica de Galiza, coma é o Narcisus pseudonarcisus Subsp. Nobilis, dunha cor amarela moi expresiva.


"podemos atopar aquí unha variedade de narciso endémica de Galiza, coma é o Narcisus pseudonarcisus"

Narcisus cyclamineus. Foto: Xermán G. Romai


Outra das especies, neste caso de insectos, que están en perigo de desaparición e podemos ver aquí, é a vacaloura ( Lucanus cervus ), impresionante no seu tamaño e no das súas grandes mandíbulas que emprega para loitar. Actualmente este gran insecto se atopa protexida en todo o Estado Español e esta incluído na lista vermella das especies ameazadas.


"a vacaloura é impresionante no seu tamaño e no das súas grandes mandíbulas que emprega para loitar"

Vacaloura. Foto: Xermán G. Romai


Pero tamén podemos vir a este magnifico lugar a pasear e percorrer a fraga con tranquilidade, deixándonos levar. Quizás poidamos ver cousas que chamen a nosa atención, xa tan acostumada a pasear por piñeirais ou eucaliptais, e que non lembra coma eran os bosques galegos no pasado. O lugar, dispón para o seu visitante de paneis divulgativos nos que afondar sobre a fraga e o seu perímetro.


"O lugar, dispón para o seu visitante de paneis divulgativos nos que afondar sobre a fraga e o seu perímetro"

 

Paneis divulgativos . Foto: Xermán G. Romai


Esta paraxe natural, á que é moi sinxelo chegar, atópase na estrada Nacional 525 (Santiago-Ourense) a 4km de Lalín.

 

 

 

 

 


 

Contidos

Blogue

Natureza tv

Opinión

Reportaxe

Convidados

Espazos

Diversidade

Ligazóns