
As Fragas do Eume foron sempre consideradas coma unha das xoias forestais ibéricas debido á súa grande representatividade con respecto ós bosques antigos do sector costeiro galego.
Os bosques caducifolios coñecidos coma fragas, son os bosques autóctonos máis representativos de Galiza, sendo o Carballo (Quercus robur) a súa árbore dominante.
As Fragas do Eume
A materia orgánica procedente dos abondosos restos vexetais, é alimento de diferentes grupos, tanto zoolóxicos coma botánicos.
A dificultade de acceder á fraga, que propiciaba o seu illamento, foi precisamente a característica procurada por unha serie de eremitas para fundar, a fins do século IX, o Mosteiro de San Xoán Bautista na vila de Calavario.