
As Fragas do Eume
Habitantes das fragas

Cervo. Foto: Xermán G. Romai
A materia orgánica procedente dos abondosos restos vexetais, é alimento de diferentes grupos, tanto zoolóxicos coma botánicos.
Martiño Negreira Souto.-Sobre a materia vexetal en descomposición actúan microorganismos: bacterias, algas, actinomicetes (grupo intermedio entre fungos e bacterias), e outros fungos propiamente. Trátase dun verdadeiro exército de detritívoros e descompoñedores que enchen o chan e co sustento directo de outros grupos fitófagos e zoófagos.
![]() |
"destacan algunhas especies como o caracol de Quimper, terrestre e endémico dos bosques atlánticos" Caracol de quimper. Foto: Xermán G. Romai |
Entre os invertebrados destacan algunhas especies como o caracol de Quimper (Elona quimperana), terrestre e endémico dos bosques atlánticos. Outros moluscos destacados son a caramecha de río (Belgrandiella rolani), e a lesma (Geomalacus maculosus).
|
"Outros moluscos destacados son a caramecha de río e a lesma" Lesma. Foto: Xermán G. Romai |
![]() |
No verán, durante o día, é frecuente observar, voando sobre as copas dos carballos, á bolboreta Apatura iris e pola noite á endromis dos salgueiros (Endromis versicolora).
![]() |
"Outro coleóptero destacable é o escaravello Carabus galicianus que se asocia ós cursos de auga rápidos e limpos" Carabus galicianus . Foto: Xermán G. Romai |
Outro coleóptero destacable é o escaravello Carabus galicianus que se asocia ós cursos de auga rápidos e limpos onde, nas súas proximidades, caza moluscos e anélidos. A súa coloración é polo xeral moi escura, case que negra, a excepción dos fémures que locen dun laranxa brillante. Trátase dunha especie endémica do noroeste peninsular, norte de Portugal, Galicia e oeste de Asturias.
|
"A píntega é moi frecuente xa que as masas forestais caducifolias son o seu biótopo máis típico"
Píntega. Foto: Xermán G. Romai |
|
Outra especie común é o escaravello dourado (Chrysocarabus lateralis), de bo tamaño e cores metálicas, que pola súa menor dependencia do hábitat estritamente forestal, aparece na práctica totalidade do espazo natural.
![]() |
"tamén están presentes outras especies coma o sapiño comadrón, o sapo común e a ra patilonga"
Sapo común . Foto: Xermán G. Romai |
Estas fragas húmidas e sombrías son o ambiente idóneo para o grupo dos anfibios. No Eume existe unha boa representación destes animais: 13 das 15 especies existentes en Galiza.
|
"No Eume podemos atopar nas charcas estacionais as tres especies de pintafontes" Pintafontes. Foto: Xermán G. Romai |
|
A píntega (Salamandra salamandra), é moi frecuente xa que as masas forestais caducifolias son o seu biótopo máis típico. Dado que os movementos do anfibio son bastante lentos, as súas presas non deben ser moi rápidas, a súa alimentación inclúe caracois e lesmas, larvas de coleópteros, opiliones, coleópteros e araneidos.
![]() |
"Entre as pequenas insectívoras destaca o gabeador comun " Gabeador común . Foto: Xermán G. Romai |
Ademais, tamén están presentes outras especies coma o sapiño comadrón (Alytes obstetricans), o sapo común (Bufo bufo) e a ra patilonga (Rana iberica), que frecuenta os múltiples regatos de augas frescas que aflúen ó Eume na conca baixa, como por exemplo o Sesín. Amosa unha maior querenza polos cursos de auga a robusta ra vermella (Rana temporaria) que é posible atopar nos habituais prados húmidos da Serra de Sanguiñedo.
|
"Tamén, entre as insectívoras abondan os ferreiriños " Ferreiriño. Foto: Xermán G. Romai |
|
No Eume podemos atopar nas charcas estacionais as tres especies de pintafontes, o común (Triturus boscai), o palmeado (Triturus helveticus) e mailo pintafontes verde (Triturus marmoratus). Nestas mesmas charcas onde moran os pintafontes podemos ver un nutrido abano de especies doadamente observables. Son frecuentes e variadas as larvas de insectos así coma diferentes depredadores acuáticos coma o ditisco.
Pero no grupo dos anfibios é especialmente valiosa a saramaganta (Chiglosa lusitanica). Endemismo do noroeste peninsular e que mantén nestes bosques unha das súas máis nutridas poboacións.
![]() |
"Destacable tamén é a presenza da estreliña dourada, moi común nestas fragas " Estreliña riscada . Foto: Xermán G. Romai |
Entre as aves da fraga destacan as rapaces que se alimentan de micromamíferos, adaptadas a cazar no interior do bosque: azor (Accipiter gentilis), gavián (Accipiter nisus), bufo pequeno (Asio otus), ou avelaiona (Strix aluco). En espazos máis abertos habita tamén o falcón peregrino (Falco peregrinus), o miñato común (Buteo buteo), o bufo real (Bubo bubo). Entre as pequenas insectívoras destacan o piquelo azul (Sitta europaea), gabeador comun (Certhia brachydactyla), ferreiriños (Paser), peto real (Dendrocopos major), estreliña riscada (Regulus ignicapilla), picafollas e maila arcea.
|
"Abondan tamén os corzos, xabarís, cervos" Corzo. Foto: Xermán G. Romai |
|
Por último os mamíferos carnívoros son os máis representativos da fraga destacando a martaraña, a garduña, o gato bravo e a xeneta. Abondan tamén os corzos, xabarís, cervos e incluso nas zonas máis remotas o grande depredador, o lobo.