Para poñerte en contacto con Natureza Dixit@l:

contacta (arroba)naturezadixital.com

"O bosque desanimado"

 

Realización: Pablo García Rivas.

Ano: 2002. Duración: 10min

 

 

 

 

 


A pesares de ser realizado no ano 2002, este vídeo documental podería servir para facer unha reflexión sobre o momento actual no tocante á problemática do monte galego. O bosque, ese bosque perdido, e quizá idealizado polos nosos poetas, é unha realidade case que desaparecida, pero realidade á fin de contas, que se esvaece sen que ninguén faga o preciso por evitar esta terrible perda. Moitos, agora e sempre, tratan de atopar unha explicación ou unha saída a diversos problemas como o dos incendios forestais ou a ordenación forestal, sen caer na conta de que hai que coñecer a orixe do problema antes de atopar unha solución. Pablo García Rivas, fai neste vídeo unha excelente análise sobre as políticas forestais na Galiza das últimas décadas.

Entra a ve-lo vídeo

 

 

 

Contidos

Blogue

Natureza tv

Opinión

Reportaxe

Convidados

Espazos

Diversidade

Ligazóns

 

Natureza Dixital tv