
Para poñerte en contacto con Natureza Dixit@l: contacta (arroba)naturezadixital.com |
Realización: Pablo García Rivas.
Ano: 2006. Duración: 18min
“O monte de San Xurxo, espazo a conservar ”, é o título do último documental do realizador galego Pablo García Rivas.
Este vídeo documental nos achega a un dos espazos naturais galegos,catalogado coma Lugar de Interese Comunitario (LIC) e que forma parte da zona coñecida popularmente como “Costa Ártabra”. A pesares disto este espazo está, coma tantos outros, protexido só no papel, e non con medidas que garantan de feito a súa conservación .
As agresións continuas que soportan os ecosistemas galegos non pasan desapercibidas para este realizador, que nos amosa a fraxilidade dos ecosistemas litorais, e como os seus valores naturais poden desaparecer en pouco tempo, debido tanto á masificación turística, coma tamén a actuacións irresponsables por parte das Administracións Públicas.