Xacintos bravos

Xacinto bravo galego

Na Galiza podemos atopar nestas datas dúas especies de xacinto bravo,  o Hyacinthoides non-scripta e o Hyacinthoides paivae (endémico da Galiza e que substitúe nestas latitudes ó similar Hyacinthoides hispanica, propio do resto da Península Ibérica).

Xacinto bravo

A máis común das dúas especies é o Hyacinthoides non-sripta, presente en bosques de toda Galiza (especialmente no interior), e que poderémos recoñecer doadamente pola curvatura do ápice, que fai que as flores tendan a quedar colgando e a planta teña unha apariencia curvada cara o chan. Esta especie pódese atopar en toda Europa, en lugares sombrizos ou de media sombra.

Xacinto bravo galego

O Hyacinthoides paivae (S.Ortiz & Rodr. Oubiña) foi trabucado ate fai pouco tempo co Hyacinthoides hispanica, especie similar que se pode atopar no resto da Península Ibérica, pero trátase dunha especie propia de Galiza, que se pode atopar con frecuencia perto do mar (aínda que tamén se poida dar en montes do interior, como é o caso do Xurés). Nestes días o teño atopado nos Chans do Barbanza (Boiro) e no alto da Espiñeira (Fecha, Santiago de Compostela), aínda que é habitual en zonas costeiras como o Parque Natural de Corrubedo.

Esta entrada foi publicada en Endemismos / en perigo, Hyacinthoides non-scripta, Hyacinthoides paivae, Outras plantas, Plantas, Xacintos e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Comenta dende Facebook:

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará

Pode utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>